tripa

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «tripa».
Intestino humano
(Vulgarmente, as tripas).
  • Pronuncia: /ˈtɾi.pa/ (AFI)

Substantivo feminino

tripas

  1. (Anatomía) O intestino é unha víscera do aparato dixestivo de forma tubular que se aloxa na cavidade abdominal e esténdese desde o estómago até o ano. Debido a que, como veremos, comprende dúas partes de distinto grosor, vulgarmente coñécese como tripa, ou tripas (de querermos considerar as dúas partes, tamén coñecidas como tripa gorda e tripa delgada. Cumpre unha función de secreción (propia e maila procedente das glándulas anexas como o páncreas ou o fígado) e de absorción dos nutrientes contidos nos alimentos inxeridos. Presenta formas e estruturas diferentes segundo a especie animal, pero en xeral adopta a forma dun longo tubo con numerosas curvaturas ou asas intestinais. Nos vertebrados superiores (réptiles, aves e mamíferos) divídese en dúas estruturas morfolóxicas e funcionalmente diferenciadas que, á súa vez, subdivídense en segmentos ou tramos con funcións específicas: o intestino delgado, desde o estómago até a válvula ileocecal, que comprende o duodeno, o xexuno e o íleo e o intestino groso, inegrado polo cego, no que se atopa o apéndice vermiforme, o colon, con tres porcións: ascendente, tranverso e descendente, máis o colon sigmoide e o recto.
  2. Rexión exterior do corpo humano ou dun animal mamífero que se corresponde con esta parte.
    • Exemplo: Tes moita tripa.

  3. Porción do intestino dun animal que se somete a diferentes procesos para empregalo como material ou como comestíbel.
    • Exemplo: As cordas dos instrumentos musicais poden facerse con tripa. As morcillas fanse coa tripa gorda do porco, e as longaínzas coa tripa delgada.

Observacións

Naacepción son sinónimos bandullo, barriga e ventre.

Termos relacionados

facer das tripas corazón, tripa cabeira, tripa cagadeira, tripa cagueira, tripa delgada, tripa dos chourizos, tripa gorda.

Substantivo feminino plural

tripas

  1. Vísceras dun animal, especialmente despois de seren quitadas.
    • Exemplo: No peirao quitáronlle as tripas aos peixes e botáronas ás gaivotas

      .
  2. (Figurado) Parte interna de certas cousas.
    • Exemplo: A nena desfixo a boneca para verlle as tripas.