simetría bilateral
Aparencia
Galego
simetría bilateral
- (Bioloxía) A simetría bilateral defínese pola existencia dun único plano, chamado plano saxital, que divide a un ser vivo en aproximadamente dúas metades idénticas, chamadas metade esquerda e metade dereita, se o eixo corporal pertence ao plano de simetría. Os diferentes organismos presentan unha gran variedade de formas, pero existen patróns comúns a todos eles. A existencia de distintos tipos de simetría serve como base para describir e clasificar os seres vivos. Dentro do mundo animal existen seres que teñen simetría radial como os poríferos ou cnidarios. Nestes seres calquera parte do seu corpo é equivalente e isto leva consigo o feito de que carecen de cefalización e polo tanto acostuman ser animais sedentarios ou polo menos non poden desenvolver actividades complexas. A maioría dos animais solucionaron este problema adquirindo a simetría bilateral o e que lles permite acadar un eixo corporal en dirección ao movemento que realizan, o que favorece a formación dun sistema nervioso central e a cefalización.