Saltar ao contido

referencia

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /re.fe.ˈɾen.θja/ (AFI)

Substantivo feminino

referencia (sg: referencia; pl: referencias)

  1. Acción e efecto de referirse a algo ou a alguén.
    • Exemplo: No informe fixo referencia á contaminación do río

      .
  2. Relación entre unha cousa e outra, que pode ser de diversos tipos.
    • Exemplo: Nesta obra Cunqueiro fai certas referencias á literatura medieval

      .
  3. Dato ou conxunto de datos sobre algo ou alguén.
  4. Base ou apoio dunha comparación, dunha medición ou dunha relación doutro tipo.
    • Exemplo: Modelo de referencia, ángulo de referencia

      .
  5. Nova ou información sobre alguén ou algo.
    • Exemplo: Ter algunha referencia da película

      .
  6. Combinación de signos que identifican un obxecto, especialmente un produto comercial.
    • Exemplo: A referencia figura na etiqueta

      .
  7. (Lingüística) Relación que se establece entre unha expresión lingüística e aquelo ao que alude.

Observacións

  • Na 1ª acepción seu sinónimo é alusión.
  • Na 3ª acepción seu sinónimo é informes.
  • Nesta 3ª acepción adoita emprgarse sobre todo en plural: O empresario pediu referencias de todos os empregados.

Termos relacionados

en referencia a, de referencia, modelo de referencia, por referencias, punto de referencia, referencial, referente, sistema de referencia.