rocha de orixe orgánica
Aparencia
(Redirixido dende rochas de depósito bioquímico)
Galego
rocha de orixe orgánica (sg: rocha de orixe orgánica; pl: rochas de orixe orgánica)
- (Petroloxía) Rocha sedimentaria debida á acción dos seres vivos, ben pola acumulación de materiais produto da actividade vital de diversos organismos, como poden ser cunchas de moluscos, esqueletos coralinos, caparazóns de microorganismos (diatomeas, radiolarios, foraminíferos), ben á fermentación en condicións anaerobias (é dicir, en ausencia de aire) de grandes acúmulos de materia orgánica (xeralmente plancton ou vexetais).
- Exemplo: As principais rochas de orixe orgánica son as calcarias conchíferas, a creta, os carbóns e o petróleo
.
- Exemplo: As principais rochas de orixe orgánica son as calcarias conchíferas, a creta, os carbóns e o petróleo
Observacións
Moitos autores denominan as rochas orixinadas polo primeiro procedemento como rochas de depósito bioquímico ou rochas de precipitación bioquímica, incluíndoas no grupo de rochas de precipitación físico-química, mentres que as segundas (fundamentalmente carbón e petróleo) serían as de orixe orgánica propiamente ditas.