Saltar ao contido

carbón

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «carbón».
Antracita
Lignito
  • Pronuncia: /kaɾ.ˈβoŋ/ (AFI)

Substantivo masculino

carbón (sg: carbón; pl: carbóns)

  1. Rocha sedimentaria de cor negra ou marrón, cun grande contido de carbono, utilizada en diversos procesos industriais.
  2. Restos de vexetais sometidos a unha combustión lenta e incompleta, secan, ennegrecen e teñen unha grande capacidade calórica como combustible.
  3. Pau carbonizado empregado para debuxar.
  4. Debuxo que resulta de empregar esta técnica.
  5. (Alimentación) Doce típico do Nadal de aspecto negro e rocoso, duro, cun alto contido de azucre, que se lle regala aos nenos polos Reis cando non se portaron ben.

Tipos de carbón

  • antracita, cun 90% ou máis de carbono.
  • hulla, con do 80 ao 85 % de carbono.
  • lignito, co 70 % de carbono.
  • turba, co 60 % de carbono.

Termos relacionados

carbón activado, carbón activo, carbón animal, carbón de coque, carbón de pedra, carbón mineral, carbón vexetal, papel carbón

Traducións