Saltar ao contido

pedra

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «pedra».
Granito, principal pedra de construción de Galicia
Pedra de abalar
Basalto, pedra ígnea
  • Pronuncia: /ˈpɛ.ðɾa̯/ (AFI)

Substantivo feminino

pedra
(sg: pedra; pl: pedras)

  1. (Xeoloxía) Materia sólida caracterizada por ter unha elevada consistencia que se acha na codia terrestre.
  2. Variedade ou fragmento desa materia.
  3. Anaco tallado desa materia que se emprega como material de construción.
  4. (Meteoroloxía) Choiva conxelada que cae en forma de grans.
  5. (Botánica) Semente dura recuberta de material leñoso, como as que se atopan no interior das drupas, como as da ameixa, o albaricoque, o melocotón e o pexego.
  6. (Medicina) Corpo que aparece nalgúns órganos por acumularense nel sales minerais.
  7. (Medicina) Acumulación de sales de calcio e fósforo sobre a superficie dental, en forma de capa, de cor amarelada, sobre o esmalte dos dentes.
  8. Moa dos muíños antigos.

Termos relacionados

abrandar as pedras, arrincar as pedras cos dentes, cortar as pedras, de pedra, durmir como unha pedra, duro como unha pedra, facer chorar as pedras, Idade de Pedra, menos dá unha pedra, non deixar pedra sobre pedra, non quedar pedra sobre pedra, non ser de pedra, pasar pola pedra, pedra abaladoira, pedra angular, pedra billeira, pedra da arca, pedra da gadaña, pedra da lareira, pedra das almas, pedra de abalar, pedra de afiar, pedra de amolar, pedra de andar, pedra de escándalo, pedra de foles, pedra de lume, pedra de toque, pedra do galo, pedra do lar, pedra do raio, pedra do trigo, pedra fermosa, pedra ferreal, pedra filosofal, pedra fincada, pedra imán, pedra mol, pedra moura, pedra pedrexada, pedra pómez, pedra preciosa, poñer a primeira pedra, quedar de pedra, ser de pedra, tirar a pedra e esconder a man, tirar a primeira pedra, vir tropezar na pedra, xogar ás pedriñas

Traducións