Saltar ao contido

conxelado

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Carne conxelada de pavo nun supermercado.

Adxectivo

conxelado (ms: conxelado; mpl: conxelados; fs: conxelada; fpl: conxeladas)

  1. Alimento ou calquera produto sometido a conxelación.
    • Exemplo: O meu home é moi repunante. Non me quere comer o peixe conxelado.

    • Úsase tamén como substantivo: Espérame na sección de conxelados.
  2. (Figurado) Que está extremadamente frío.
    • Exemplo: Tras podar a viña quedáronlle as mans conxeladas.

Termos relacionados

Traducións