Saltar ao contido

obriga

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /o.ˈβɾi.ɣɐ/ (AFI).

Substantivo feminino

obriga (sg: obriga; pl: obrigas)

  1. Feito de estar alguén obrigado a facer algo.
    • Exemplo: Na granxa teño a obriga de munxir todos os días ás vacas. Non teño obriga de dicirlle nada

      .
  2. Aquilo que alguén está obrigado a facer.
    • Exemplo: Teño que cumprir as obrigas laborais. É a súa obriga ir buscar o leite todos os días

      .
  3. Imposición ou exixencia moral que debe rexer a vontade libre.
  4. Vínculo que suxeita a facer ou a absterse de facer algo, establecido por lei, por voluntario outorgamento ou por derivación de certos actos.
  5. Correspondencia que alguén debe ter e manifestar ao beneficio que recibiu doutra persoa.
  6. (Dereito) Documento notarial ou privado en que se recoñece unha débeda ou se promete o seu pago ou outra prestación ou entrega.
  7. Favor.
    • Exemplo: Débelles moitas obrigas aos teus pais

      .
  8. (Economía) Título ao portador que representa unha suma prestada á entidade que a emitiu.
    • Exemplo: A obriga confire ao seu titular a condición de acredor

      .
  9. (Alimentación) Antigamente, cortadoría.
  10. (Gandaría Seguro para o gando pactado entre os gandeiros, polo que se resarce a aquel a quen lle morre unha vaca.
    • Exemplo: Se a un gandeiro lle morre unha vaca supón unha perda moi grande. Por iso, na parroquia temos a obriga.

      (Xosé Ramón Mariño Ferro: Autobiografía dun labrego (Xerais, 2017, 118))

Observacións

  1. Naacepción seu sinónimo é deber.

Termos relacionados

obrigar