título

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ˈti.tu.lo/ (AFI)

Substantivo masculino

título (sg: título; pl: títulos)

  1. Designación coa que se identifica unha obra literaria, científica ou artística.
    • Exemplo: Esta película está baseada na novela do mesmo título. O cadro leva o título gravado no marco.

  2. (Dereito) Designación dos parágrafos dunha lei, código, etc.
    • Exemplo: Título preliminar

      .
  3. Nome dunha profesión, grao ou categoría que unha persoa pode desempeñar despois de ter realizados e superados os correspondentes estudos.
    • Exemplo: Título de bacharel. Título de licenciado en medicina. Título de doutor en dereito.

  4. Documento que acredita tal dereito.
    • Exemplo: O título de bacharel está asinado polo director e o secretario do instituto.

  5. Tratamento de honra co que un rei, ou un príncipe reinante distingue a unha persoa, o cal se transmite aos seus sucesivos herdeiros máis directos.
    • Exemplo: Ten o título de conde

      .
  6. (Dereito) Documento que acredita un dereito, en particular a posesión dun ben.
    • Exemplo: Título de propiedade dunha leira. Título de débeda pública

      .

Termos relacionados

a título de, titulación, titulado, titular, titularidade, titularse