aquel
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín eccum, 'velaí' e ille, illa, illud 'aquel'.
- Pronuncia: /a.ˈkel/ (AFI)
aquel (ms: aquel; mpl: aqueles; fs: aquela; fpl: aquelas)
- Sinala a persoa ou cousa que está lonxe tanto do que fala coma do que escoita.
- Exemplo: Temos que traer para aquí aqueles pupitres da vella escola
.
- Exemplo: Temos que traer para aquí aqueles pupitres da vella escola
- Fai referencia a algo xa nomeado, pero non inmediatamente antes.
- Exemplo: Mercou unha mesa e un armario; este moi grande, aquela moi pequena. Aquilo do que falamos onte, non llo contes a ninguén
.
- Exemplo: Mercou unha mesa e un armario; este moi grande, aquela moi pequena. Aquilo do que falamos onte, non llo contes a ninguén
- Utilízase para indicar que unha unidade de tempo está afastada do presente.
- Exemplo: Aquel ano decidiramos pasar as nosas vacacións na montaña
.
- Exemplo: Aquel ano decidiramos pasar as nosas vacacións na montaña
Observacións
- Contrae coas preposicións 'en' e 'de' dando lugar, respectivamente, ás seguintes formas: naquel, naquela..., naquilo e daquel, daquela..., daquilo.
Sinónimos
Termos relacionados
- (Coloquial) Calidade, xeralmente positiva, difícil de precisar.
- Exemplo: Cando fala ten un aquel que sempre me atraeu.
- Exemplo: Cando fala ten un aquel que sempre me atraeu.
- (Coloquial) Motivo ou circunstancia.
- Exemplo: Coa aquela de que tiña sono, deitouse sen se despedir. Perdémolo de vista polo aquel de tanta xente que alí había
.
- Exemplo: Coa aquela de que tiña sono, deitouse sen se despedir. Perdémolo de vista polo aquel de tanta xente que alí había
Castelán
aquel