mudar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /mu.ˈðaɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

mudar

  1. Facer que algo ou alguén sexa distinto de como era antes.
    • Exemplo: As desgrazas da súa filla mudáronlle o carácter.

  2. Facer que algo ou alguén deixe de ser o que era ou como era para ser outra cousa.
    • Exemplo: Co paso do tempo mudou a súa amizade en amor.

  3. Quitar alguén ou quitar a outra persoa a roupa que se leva posta para vestir outra.
    • Exemplo: Mudoulle a roupa á nena.

  4. Quitarlle a alguén a roupa e poñerlle outra.
    • Exemplo: Muda ao neno, que debe estar mollado.

  5. Levar os mobles ou outros obxectos dunha casa ou dun lugar para outra ou outro.
    • Exemplo: Temos que mudar a mesa do comedor.

  6. (Zooloxía) Cambiar algúns animais certas partes do seu organismo.
    • Exemplo: Neste mes hai veda das centolas porque están mudando a casca.

Observacións

Verbo intransitivo

mudar

  1. Pasar algo ou alguén a ser distinto de como era, ou a estar dun xeito distinto de como estaba.
    • Exemplo: Co susto mudoulle a cara.

Observacións

Seu sinónimo é cambiar.

Verbo pronominal

mudarse

  1. Pasar a ser outra cousa ou persoa distinta.
    • Exemplo: O seu amor mudouse en odio.

  2. Deixar a casa onde se vive ou o lugar onde se traballa e ir para outro ou outra distinto ou distinta.
    • Exemplo: Viñeron máis fillos e mudáronse para unha casa máis grande. Aumentaron os perdidos e mudámonos para un taller máis grande.

Observacións