Saltar ao contido

trocar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /tɾo.ˈkaɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

trocar

  1. Dar unha cousa e recibir outra no seu lugar.
    • Exemplo: Non se lle pode encargar nada, porque todo o troca.

  2. Dar e recibir unha cousa reciprocamente e ao mesmo tempo.
    • Exemplo: Ambos os contendentes trocaron miradas de odio

      .
  3. Tomar unha cousa en substitución doutra.
    • Exemplo: Prefire trocar liberdade por riqueza.

  4. Dar ou recibir unha cantidade a cambio doutra equivalente en moedas ou billetes de inferior valor ou en moeda estranxeira.
    • Exemplo: Non puido trocar as libras esterlinas no banco porque era día festivo.

  5. Facer que alguén ou algo pase a ser aquilo que se expresa.
    • Exemplo: Segundo a mitoloxía o rei Midas trocaba en ouro todo o que tocaba.

  6. (Figurado) Tomar unha cousa por outra.
    • Exemplo: O vello troca con facilidade os nomes dos seus compañeiros.

Observacións

Verbo pronominal

  1. Pasar a ser aquilo que se expresa.
    • Exemplo: Coa colleita deste ano a fame trocouse en fartura.

Observacións

Substantivo masculino

  • Pronuncia: /tɾo.ˈkaɾ/ (AFI)
  1. (Cirurxía) Instrumento cirúrxico rematado nunha punta triangular que se emprega para facer puncións e sacar líquidos das cavidades do organismo.
    • Exemplo: O trocar permite o paso de líquidos polo seu interior

      .