Saltar ao contido

distinguir

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /distiŋˈɡiɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

distinguir

  1. Poder saber diferenciar unhas cousas, ou persoas, doutras.
  2. Ser algo a característica ou o factor que permite coñecer a diferenza entre unha cousa, ou persoa, doutra.
  3. Percibir algo sen confusión polos sentidos.
  4. Considerar algo separadamente e diferenciadamente, facer que algo sexa diferente.
  5. Mostrar estima ou preferencia por unha persoa.
  6. Conceder unha honra ou dignidade a unha persoa por méritos ou respecto.


Verbo pronominal

distinguirse

  1. Ter algo ou alguén unha característica que o fai distinto ou diferente.
  2. Sobresaír algo ou alguén por unha calidade.

Termos relacionados

Traducións

Conxugación


Referencias