Saltar ao contido

tornar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /toɾ.ˈnaɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

tornar

  1. Facer que algo ou alguén se vaia de onde está.
    • Exemplo: Tornaron as vacas do prado.

  2. Facer que unha cousa pase a ser outra distinta.
    • Exemplo: Tornar a palla en cinsa, queimándoa.

  3. Alterar o estado ou as calidades dunha cousa.
    • Exemplo: O sol torna as cores escuras en máis claras.

Observacións

Verbo intransitivo

tornar

  1. Ir outra vez ao sitio de onde se saíu.
    • Exemplo: Os emigrantes tornaron aos seus países

      .
  2. Sufrir algo ou alguén unha alteración de maneira que pase a ser outra cousa que non era.
    • Exemplo: Tornou pálido.

  3. Sufrir algo unha alteración que o converte noutra cousa distinta.
    • Exemplo: O amor tornou en odio.

Observacións

Verbo pronominal

tornarse

  1. Sufrir alguén unha alteración de maneira que pase a ser outra cousa que non era.
    • Exemplo: A situación tornábase cada día máis difícil.

  2. Sufrir algo unha alteración que o converte noutra cousa distinta.
    • Exemplo: As penas tornáronse en alegrías.

Observacións