denso

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /'deŋ.so̯/ (AFI)

Adxectivo

denso (ms: denso; mpl: densos; fs: densa; fpl: densas)

  1. (Física) Que contén moita masa con respecto ao volume que ocupa.
    • Exemplo: A auga é máis densa que o aceite de oliva.

  2. (Figurado) Que está formado por moitos elementos moi xuntos.
    • Exemplo: A selva ecuatorial é un bosque denso.

  3. (Figurado) Que contén moitas ideas ou moitas informacións.
    • Exemplo: Este xornal adoita publicar editoriais moi densas.