elefante mariño do sur
Aparencia
Galego
elefante mariño do sur (sg: elefante mariño do sur; pl: elefantes mariños do sur)
- (Zooloxía) Mamífero carnívoro pinnípede familia dos fócidos, Mirounga leonina Linné, de gran tamaño: os machos son os maiores pinnípedes que existen, e poden alcanzar os 6 m ou máis de lonxitude e até catro toneladas de peso, mentres que as femias non superan os 3 m e os 900 kg. A súa distribución é moito máis ampla cá do seu parente do norte, pois pode acharse nas costas do sur da Arxentina, illas Malvinas e Kerguelen, na Antártida, o sur de Australia e Tasmania.
Sinónimos
Traducións
- Alemán: südlicher See-Elefant (de)
- Castelán: elefante marino del sur (es)
- Catalán: elefant marí meridional (ca)
- Francés: éléphant de mer du sud (fr)
- Inglés: Southern elephant seal (en)
- Italiano: elefante marino del sud (it)
- Portugués: elefante-marinho-do-sul (es)
Observacións
- Entre os dous sinónimos galegos é aconsellábel empregar elefante mariño do sur, en harmonía con outros idiomas (agás francés, e o catalán, que prefire meridional) e tamén para evitar confusións, porque elefante do mar do sur podería inducir a pensar que habita no Mar do Sur, é dicir, no Pacífico, cando a súa distribución é austral, comprendendo todas as costas dos mares que alí concorren.