crítico
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín critĭcus, e este do grego antigo κριτικός kritikós; a forma feminina, do latín critĭca, e este do grego clásico κριτική kritikḗ.
crítico (ms: crítico; mpl: críticos; fs: crítica; fpl: críticas)
- Pertencente ou relativo á crítica.
- Exemplo: Opinión crítica.
- Exemplo: Opinión crítica.
- Que é moi difícil ou de moita gravidade.
- Exemplo: Situación crítica da economía. Estados críticos dos feridos
.
- Exemplo: Situación crítica da economía. Estados críticos dos feridos
- Dito dun momento ou dunha ocasión, que é máis oportuno para algo.
- Que está inclinado a enxuiciar feitos e condutas xeralmente de forma desfavorábel.
- (Física) Dito do valor dunha variábel física, a partir do cal se produce un cambio brusco nas propiedades dun sistema.
crítico (ms: crítico; mpl: críticos; fs: crítica; fpl: críticas)
- Persoa que exerce de forma profesional a crítica, o xuízo sobre un espectáculo ou unha obra artística.
crítica (sg: crítica; pl: críticas)
- Xuízo expresado, xeralmente de maneira pública, sobre un espectáculo, unha obra artística, etc.
- Exemplo: Publicou na prensa unha crítica desfavorábel da súa novela
.
- Exemplo: Publicou na prensa unha crítica desfavorábel da súa novela
- Conxunto das persoas que, cunha mesma especialización, exercen a crítica nos medios de comunicación.
- Exemplo: Ao estreo daquela comedia non asistiu a crítica.
- Exemplo: Ao estreo daquela comedia non asistiu a crítica.
- Ataque verbal ou comentario negativo.
- Exemplo: A súa actuación foi obxecto de duras críticas
.
- Exemplo: A súa actuación foi obxecto de duras críticas
Termos relacionados
aparato crítico, crítica textual, día crítico, edición crítica, humanismo crítico, idade crítica, masa crítica, presión crítica, punto crítico, temperatura crítica.