visión
Saltar á navegación
Saltar á procura
Galego

Etimoloxía: do latín visio, -ōnis.
Substantivo feminino
visión (sg: visión; pl: visións)
- (Fisioloxía) Sentido que permite aos animais interpretar a súa contorna a partir da luz que reflicten as superficies que a compoñen.
- Exemplo: O ollo é o órgano da visión.
Sinónimos
- Acción de ver.
- Exemplo: Despois de tantos anos fóra, a visión da ría desde o avión emocionouno.
- Representación mental de algo, maneira de concibir ou de interpretar.
- Exemplo: A súa visión do mundo sempre foi moi negativa.
Sinónimos
- Percepción imaxinaria de cousas non reais, fantásticas ou sobrenaturais.
- Exemplo: Ti ves visións!.
- (Relixión) Imaxe que, de maneira sobrenatural, se percibe polo sentido da vista ou por representación imaxinaria.
- Exemplo: As visións de Santa Teresa.
- (Relixión) Iluminación intelectual infusa sen existencia de ninguha imaxe.
- Exemplo: Esta nena ten moitas visións.