ollo
Aparencia
Galego

Pronuncia: /'oʎo̯/ ou /'ɔʎo̯/ (AFI)
ollo
(sg: ollo; pl: ollos)
- Cada un dos dous órganos da vista situados na parte frontal da cara.
- Exemplo: Chiscoulle un ollo moi disimuladamente mentres mentía.
- Exemplo: Chiscoulle un ollo moi disimuladamente mentres mentía.
- (Carro) Fura cuadrangular aberta no milde para encaixar o eixo do carro.
- Sinónimos: ollal
- Burato polo que pasa algo.
- Exemplo: A Ponte do Porco ten un só ollo, lixeiramente oxival.
- Exemplo: A Ponte do Porco ten un só ollo, lixeiramente oxival.
- Pequeno oco que se abre no pan, queixo ou materias semellantes.
- Exemplo: O pan, con ollos; o queixo, sin ollos; o viño, que salte ós ollos.
- Exemplo: O pan, con ollos; o queixo, sin ollos; o viño, que salte ós ollos.
- Xema da pataca sen xermolar.
- Exemplo: Para sementar as patacas, cómpre que tódolos cachos teñan un ou máis ollos.
- Exemplo: Para sementar as patacas, cómpre que tódolos cachos teñan un ou máis ollos.
Traducións
órgano