Saltar ao contido

vapor

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «vapor».
Vapor de auga invisíbel que se condensa formando gotitas visíbeis de auga denominadas néboa
  • Pronuncia: /baˈ.por/ (AFI)

Substantivo masculino

vapor (sg: vapor; pl: vapores)

  1. (Física) O vapor é un estado da materia no que as moléculas apenas interaccionan entre si, adoptando a forma do recipiente que o contén e tendendo a expandirse todo o posíbel, até vencendo as forzas gravitatorias.
  2. (Física) Normalmente a palabra vapor adoita referirse ao vapor de auga, que se produce cando a auga se quenta a 100 °C e unha atmosfera de presión.
  3. (Mariña) Barco movido por unha máquina de vapor.
    • Exemplo: Vou de Vigo ás Cíes nun vapor.

Observacións

O concepto vapor é equivalente ao de gas, utilizándose ambos os termos indistintamente moitas veces. Con todo, estritamente resérvase o termo vapor para aquel gas que se pode condensar por presurización a temperatura constante, e gas ao que non pode condensarse isotermicamente por moito que se aumente a presión.

Termos relacionados

máquina de vapor, vapor de auga