tender

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /tɛn.'dɛr/ (AFI)

Verbo transitivo

tender

  1. Estender, estirar ou despregar o que está engurrado ou amontoado.
    • Exemplo: Segou e tendeu a herba ao sol. Os mariñeiros tenderon de noite o xeito para apañaren as sardiñas.

  2. Colgar nunha corda roupa mollada, ou estendela no chan para que seque.
    • Exemplo: Tendín a roupa no prado á beira do río onde a lavei. Non puiden tender a roupa no patio porque ameazaba chuvia

      .
  3. Colocar unha persoa ou un animal sobre unha superficie horizontal.
    • Exemplo: Tenderon a rapaza desmaiada na cama e intentaron reanimala. Tendemos o porco no banco para a mata

      .
  4. Colocar ou construír algo apoiándoo en dous ou máis puntos.
    • Exemplo: Tender unha corda para secar a roupa. Tenderon unha nova ponte no río

      .
  5. Colocar unha trampa ou un artificio contra alguén.
    • Exemplo: Na comarca hai moitos xabarís e tivemos que tender trampas para protexer a leira do millo. Tendéronlle unha emboscada

      .

Observacións

  1. Naacepción son sinónimos espallar, esparexer e estender.

Verbo intransitivo

tender

  1. Dirixirse de maneira natural cara a algo.
    • Exemplo: As temperaturas tenden a subir

      .
  2. Dito dunha persoa ou dunha cousa, ter unha tendencia, calidade, característica, disposición ou inlinación non ben definida, ou a moverse ou evolucionar nunha determinada dirección ou maneira.
    • Exemplo: A situación tende a empeorar. É un home que tende a deprimirse moi facilmente

      .
  3. Ter algo unha característica ou calidade pouco definida.
    • Exemplo: Esa saia tende a marrón.

  4. (Matemáticas) Aproximarse unha variábel ou unha función a un valor determinado sen chegar nunca a alcanzalo.
    • Exemplo: No cálculo diferencial a pendente dunha recta tanxente a unha curva pódese encontrar por medio da pendente dunha recta que pasa por dous puntos cuxa distancia entre si tende a cero.

Observacións

  1. Naacepción é sinónimo tirar.

Verbo pronominal

tender

  1. Colocarse unha persoa ou un amimal sobre unha superficie horizontal.
    • Exemplo: O gato tendeuse na solaina á raioliña. Tendeuse na cama e quedou durmida

      .