constante

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /koŋs.'taŋ.te̯/ (AFI)

Adxectivo

constante (sg: constante; pl: constantes)

  1. Que ten constancia.
    • Exemplo: É moi constante nos seus estudos.

  2. Que comtinúa no mesmo estado en que se acha, que non varía ou se para.
    • Exemplo: Velocidade constante. As constantes vitais.

  3. Que se repite con moita frecuencia.
    • Exemplo: Nesta obra hai constantes erros. Recibía constantes visitas dos seus familiares.

  4. Que é continuamente reiterado.
    • Exemplo: A ironía é unha constante na súa obra.

  5. Dito dunha persoa, que non varía facilmente de ideas ou sentimentos.
    • Exemplo: É unha muller constante no amor. É un estudante moi constante.

  6. Dito dunha cousa, que é persistente, durábel.
    • Exemplo: A presenza de libros de histoira é constante na súa mesa de traballo.

  7. (Botánica) Dito dunha especie vexetal, que aparece, nun tanto por cento moi alto, nos inventarios dunha comunidade ecolóxica.
    • Exemplo: Unha das especies máis constantes nos cantís marítimos galegos é o fieito mariño

      .
  8. (Matemáticas) Cantidade que ten un valor fixo nun determinado proceso, cálculo, etc..

Termos relacionados

cantidade constante, constante biolóxica, constante cosmolóxica, constante de acoplamento, constante de Boltzmann, constante de disociación, constante de disociación ácida, constante de estrutura fina, constante de gravitación universal, constante de integración, constante de Faraday, constante de Planck, constante de Rydberg, constante de Stefan-Boltzmann, constante física, constante informática, constante matemática, constante molar do gas, constante persoal, constante solar, constancia, constantes vitais.