vapor de auga

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «vapor de auga».
Ola a presión expulsando vapor de auga
  • Pronuncia: /baˈ.por de auga/ (AFI)

Locución substantiva masculina

vapor de auga

  1. (Física) e (Tecnoloxía) O vapor de auga é un gas que se obtén por evaporación ou ebulición da auga líquida ou por sublimación do xeo. É inodoro e incoloro, a pesar do que poida parecer. As nubes ou o bafo branco dunha cazola ou dun conxelador, vulgarmente chamado "vapor", é o resultado de minúsculas gotas de auga líquida ou cristais de xeo.

Termos relacionados

vapor, auga