Saltar ao contido

tensión superficial

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «tensión superficial».
Unha moeda pode ficar enriba da auga grazas á tensión superficial

Locución substantiva feminina

tensión superficial

  1. (Física) Denomínase tensión superficial dun líquido a cantidade de enerxía necesaria para aumentar a súa superficie por unidade de área. É unha acción das forzas intermoleculares en virtude da cal a capa exterior dos líquidos tende a conter o volume destes dentro da mínima superficie, cuxo efecto é a elevación ou a depresión da superficie do líquido na zona de contacto cun sólido, o que permite que algúns insectos camiñen sobre a auga e que pequenos obxectos aboien na superficie dun líquido.

Termos relacionados