táboa

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /'ta.βo̯a̯/ (AFI)

Substantivo feminino

táboa (sg: táboa; pl: táboas)

Táboa dunha mesa de madeira.
Táboa periódica dos elementos.
  1. Peza de madeira, plana e pouco grosa, polo xeral de forma rectangular e máis longa que larga, e coas dúas caras paralelas.
    • Exemplo: Comprei unha táboa para facder unha mdesa para a cociña.

  2. Peza plana e de pouco grosor dunha materia ríxida, como cristal, ferro, madeira, plástico, etc.
  3. Lista de cousas postas por orde sucesiva ou relacionadas entre si.
    • Exemplo: A táboa periódica dos elementos químicos.

  4. Cadro de números dunha especie determinada, dispostos en forma adecuada para facilitar as operacións.
    • Exemplo: A táboa de multiplicar. Unha táboa de logaritmos.

  5. Pintura relalizada sobre unha táboa.

Termos relacionados

facer táboa rasa, táboa de dupla entrada, táboa de harmonía, táboa de lavar, táboa de salvación, táboa periódica, táboa pitagórica, táboas da lei.

Substantivo feminino plural

táboas

  1. Nos xogos de damas ou do xadrez, estado no cal ningún dos xogadores pode ganar a partida.
  2. Empate entre competidores.
    • Exemplo: Fixeron táboas.

  3. Escenario do teatro.
  4. Experiencia en actuacións en público ou no desenvolvemento dunha actividade.
    • Exemplo: É unha actriz con moitas táboas.

  5. En tauromaquia, barreira ou valado que rodeda a area.