Saltar ao contido

sonda

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /'soŋ.ða̯/ (AFI)

Substantivo feminino

sonda
(sg: sonda; pl: sondas)

  1. Corda que leva un peso nun extremo, que serve para medir a profundidade das augas e explorar o fondo.
    • Exemplo: Había tanta néboa que o capitán madou botar unha sonda para meter o barco no porto.

      .
  2. Instrumento ou mecanismo de perforación, de diferentes formas e materiais, que se usa para facer exploracións para recoñecer o terreo, ou para extraer minerais en estado líquido ou gasoso.
    • Exemplo: Sonda petrolífera.

      .
  3. (Medicina) Tubo delgado que se introduce no corpo dun enfermo para explorar, introducir alimentos ou medicamentos ou extraer líquidos.
    • Exemplo: Sonda nasogásttica.

Termos relacionados

globo sonda, sonda espacial, sonda radioactiva