trazar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Saltar á navegación Saltar á procura

Galego

Verbo transitivo

trazar

  1. Xesto ou palabra
  2. Realizar sobre unha superficie un trazo, unha liña, etc.
    • Exemplo: Trazou uns garabatos no papel.
  3. Realizar sobre unha superficie as liñas ou trazos que compoñen un debuxo, un plano etc.
    • Exemplo: O arquitecto trazou os planos do edificio.
  4. (Figurado) Deseñar un obxecto que se move durante o seu percorrido [por unha liña imaxinaria].
    • {{exemplo|O coche trazou varias curvas antes de caer ao barranco.
  5. (Figurado) Contar, indicar ou describir de maneira breve, centrándose nos puntos principais.
    • Exemplo: Nuns minutos trazou os métodos e obxectivos do seu programa
  6. Concibir [un proxecto].
    • Exemplo: Entre varios reclusos trazaron un plan para fuxir da prisión.

Sinónimos

idear (Da 6ª acep.)

Verbo intransitivo

  1. Tomar unha determinada decisión.
    • Exemplo: Estabamos tan a gusto que trazamos de quedar unha semana máis.

Sinónimos

Verbo pronominal

  1. Alimento, [especialmente o leite] estragarse ao separarse a parte líquida da parte sólida.
    • Exemplo: Trazóuselle o leite.

Sinónimos

cortarse