representación

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Galego

  • Fonetica.PNG Pronuncia: [re.pɾe.sen.taˈθjoŋ] (estándar), [re.pɾe.sen.taˈsjoŋ] (con seseo) (AFI)

Open book 01.png Substantivo feminino

representación (sg: representación; pl: representacións)

  1. Acción e efecto de representar.
  2. Persoa ou grupo de persoas que actúan en nome doutras ou dunha entidade.
  3. Cousa material ou inmaterial que representa ou lembra algo ou alguén.
  4. Actuación teatral, posta en escena dunha obra de teatro.
  5. (Matemáticas) Obxecto que describe un grupo en termos de transformacións lineares de espazos vectorias.
  6. (Xeometría) Uso dun sistema de referencia para situar puntos, rectas e planos.
  7. (Dereito) Licenza para ocupar o lugar doutra persoa.
  8. (Dereito) Actividade feita a base desa licenza.

Traducións

Véxase tamén

Castelán

Open book 01.png Substantivo feminino

representación (sg: representación; pl: representaciones)

  1. Representación.