louco

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ˈlow.kʊ/ (AFI)

Adxectivo

louco (ms: louco; mpl: loucos; fs: louca; fpl: loucas)

  1. Que non está no seu xuízo, que ten as facultades mentais perturbadas.
    • Exemplo: Está louco, necesita tratamento psiquiátrico

      .
  2. Dito de calquera aparato ou dispositivo, que funciona sen control.
    • Exemplo: O compás volveuse louco.

  3. (Coloquial) Que excede en moito ao ordinario ou presumíbel.
    • Exemplo: Sorte louca<

      .
  4. (Coloquial) Dito dunha persoa, que está entusiasmada ou moi contenta.
    • Exemplo: Está louco de alegría, tocoulle o gordo de Nadal.

  5. (Figurado) Que sente grande amor ou afección por alguén ou por algo.
    • Exemplo: Esta rapaza está louca polo Xoán. Meu curmán está louco polos coches deportivos

      .
  6. (Figurado) Sentimento que é difícil de controlar.
    • Exemplo: Amor louco. Paixón louca

      .

Observacións

Termos relacionados

a tontas e a loucas, ao louco, cada louco co seu tema, louco de atar, loucura, nin louco