Saltar ao contido

hispánico

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /is.ˈpa.ni.ko/ (AFI)

Adxectivo

hispánico (ms: hispánico; mpl: hispánicos; fs: hispánica; fpl: hispánicas)

  1. De Hispania, antiga provincia romana, ou dos seus habitantes.
    • Exemplo: Coa ocupación dos territorios hispánicos os romanos alcanzaron o occidente de Europa

      .
  2. De España ou dos seus habitantes.
    • Exemplo: Despois de eliminar ás invasoras, repoboaron o monte con especies hispánicas

      .
  3. Relativo ou pertencente ás linguas e culturas españolas.
    • Exemplo: Estuda filoloxía hispánica. Son linguas hispánicas o galego, o castelán e o catalán

      .
  4. Relativo ou pertencente aos países da América Latina de fala española.
    • Exemplo: Cuba, a República Dominicana e Porto Rico constitúen o Caribe hispánico.

Observacións

Termos relacionados

Hispania