Saltar ao contido

loita

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «loita».
Loita tradicional galega en A Pontenova
  • Pronuncia: /ˈloj.ta̝/ (AFI)

Substantivo feminino

loita (sg: loita; pl: loitas)

  1. Enfrontamento entre dous ou máis individuos, no que se emprega a forza física ou outros medios de violencia
    • Exemplo: Loita libre. Os cervos usan a cornamenta para a loita. Nos circos da antiga Roma eran frecuentes as loitas de gladiadores.

  2. (Deportes) Combate corpo a corpo no que, segundo as modalidades, vence o loitador que derruba, bota fóra do ring etc., ao adversario.
    • Exemplo: Os boxeadores estaban preparados para a loita.

  3. (Figurado) Grande esforzo ou acción enérxica para conseguir algo ou para evitar un mal.
    • Exemplo: A loita polo poder. A loita dos obreiros por conseguir mellores condicións de traballo

      .

Termos relacionados

loita grecorromana, loita libre, loita interior, loita tradicional galega