loita tradicional galega

do Galizionario, dicionario galego na Internet.


Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «loita tradicional galega».
Loita tradicional galega en A Pontenova

Locución substantiva feminina

  1. (Deportes) A loita tradicional galega é a forma de loita autóctona de Galicia. Considérase que as loitas autóctonas do norte da península Ibérica evolucionaron desde as antigas loitas prerromanas, que se resistiron a morrer naquelas zonas de máis difícil acceso, e que foron influídas posteriormente polos pobos bárbaros; esta hipótese está apoiada, por exemplo, polos textos de Estrabón e pola gran similitude que hai entre estas loitas do pobo galego e outras de Irlanda ou da Gran Bretaña. Á marxe da súa posíbel orixe remota, a loita tradicional galega mantívose viva até mediados do século XIX. Posteriormente foi esmorecendo, e nalgunhas zonas concretas practicouse de forma frecuente en tempos máis recentes, como no norte da provincia de Lugo.

Sinónimos

tumba, chimpa, caiados ir aloitar e ir botar loitas