Saltar ao contido

eucariota

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «eucariota».
Eucariotas: algúns exemplos da súa diversidade
  • Pronuncia: /ew.ka.ˈɾjo.ta/ (AFI)
  1. (Bioloxía) Os eucariotas son os organismos formados por células que conteñen un núcleo e outros orgánulos rodeados de membranas. A característica que os distingue dos procariotas (as bacterias e as arqueas) é a posibilidade de que teñan orgánulos rodeados de membrana, especialmente un núcleo celular que contén o material xenético rodeado dunha membrana nuclear. Estes organismos constan dunha ou máis células eucariotas, abranguendo desde organismos unicelulares até moitos pluricelulares, nos cales as diferentes células especialízanse en diferentes tarefas e que, en xeral, non poden sobrevivir de forma illada. Pertencen ao dominio dos Eukarya, que comprende os animais, as plantas, os fungos, así como varios grupos denominados en conxunto protistas.Todos eles presentan semellanzas a nivel molecular (estrutura dos lípidos, proteínas e xenoma) e teñen unha orixe común. Repártense en catro reinos (protistas, plantas, animais e fungos), on en cinco, segundo Cavalier-Smith (os anteriores máis o reino dos cromistas), ou moitos máis, segundo outros autores.

Sinónimos

eucarionte

Antónimos

procariota