célula
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín científico cellula, e este do latín cellŭla, diminutivo de cella, "cuarto pequeno", "cela".
célula (sg: célula; pl: células)
- (Bioloxía) Unidade autónoma básica dos seres vivos, dotada de vida, constituída polo menos por un núcleo rodeado de citoplasma, que está á súa vez envolto por unha membrana periférica.
- Exemplo: Unha célula pode constituír un organismo por si soa: son os denominados organismos unicelulares, como a ameba ou o lévedo co que se fai o pan.
- Exemplo: Unha célula pode constituír un organismo por si soa: son os denominados organismos unicelulares, como a ameba ou o lévedo co que se fai o pan.
- (Figurado) Grupo de persoas que constitúen unha unidade dentro dunha organización, xeralmente política.
- Exemplo: Unha célula do partido elaborou a estratexia política para comezar a actividade preelectoral.
- Exemplo: A Policía cre que o atentado foi obra dunha célula terrorista illada.
- Exemplo: Unha célula do partido elaborou a estratexia política para comezar a actividade preelectoral.