xenoma

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «xenoma».
Cariotipo diploide humano masculino con 46 cromosomas. Non hai que confundir o cariotipo (conxunto de cromosomas) co xenoma (conxunto da información xenética).
Xenoma en Limanda limanda.
  • Pronuncia: /ʃɛn'oma/ (AFI)

Substantivo masculino

xenoma1 (sg: xenoma; pl: xenomas)

  1. (Xenética) Conxunto completo de toda a información hereditaria dun organismo ou dunha especie con todos os seus xenes e outros elementos non codificantes.
    • Exemplo: Normalmente o xenoma está codificado no ADN, pero en certos tipos de virus no ARN.

Sinónimos

Substantivo masculino

xenoma2 (sg: xenoma; pl: xenomas)

  1. (Medicina), (Veterinaria) e (Parasitoloxía) Nas disciplinas indicadas, é un crecemento dos tecidos causado nos hóspedes por varios protistas e fungos parasitos, especialmente microsporidios.
    • Exemplo: O xenoma pode ocorrer en numerosos organismos, pero o máis frecuente é atopalo nos peixes

      .

Sinónimos

complexo xenoparasítico