procariota
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /pɾo.ka.ɾiˈɔ.ta/ (AFI)
procariota (sg: procariota; pl: procariotas)
- (Bioloxía) En bioloxía e taxonomía, o taxon procariotas (en latín científico Prokaryota) é o sistema de dous imperios ou dominio (segundo as clasificacións) que inclúe os microorganismos constituídos por células procariotas, é dicir, células que presentan un ADN libre no citoplasma, xa que non hai núcleo celular. Os procariontes ou organismos procariotas recibiron diversas denominacións tales como Bacteria, Monera e Schizophyta, dependendo dos autores e os sistemas de clasificación que se foron sucedendo no tempo. Outros termos usados foron Mychota, Protophyta, Procaryote, Procaryotae e Prokarya. Está constituído á súa vez por dous dominios ben diferenciados: Archaea e Bacteria. Os procariontes son organismos unicelulares, agás algúns casos como as mixobacterias, algunhas das cales pode considerarse que teñen etapas multicelulares no seu ciclo de vida. Noutros casos crean grandes colonias, como nas cianobacterias. Os procariontes caracterízanse por teren compoñentes intracelulares hidrosolúbeis (proteínas, ADN e metabolitos solúbeis en auga), polo que non presentan núcleo celular, nin mitocondrias nin outros orgánulos membranosos, porque todo o organismo está delimitado pola membrana celular en lugar de separarse en diferentes compartimentos celulares (agás excepcións con sistemas de membranas internos derivados da invaxinación da membrana plasmática). Son microorganismos que posúen un só cromosoma circular que constitúe unha rexión da célula chamada nucleoide, a súa reprodución é asexual por fisión binaria, teñen gran variedade de metabolismos e hai especies adaptadas a todo tipo de ambientes, mesmo aos máis extremos. Calcúlase que hai aproximadamente 5×1030 procariontes no mundo.
Sinónimos
procariota (sg: procariota; pl: procariotas)
- (Bioloxía) Relativo ou pertencente aos procariotas.
- Exemplo: Célula procariota. Organismos procariotas.
- Exemplo: Célula procariota. Organismos procariotas.