dorsal oceánica
Aparencia
Galego
dorsal oceánica
- (Xeoloxía) Cordilleira submarina situada na parte media dos océanos da Terra, formada por procesos relacionados coa tectónica de placas, que presenta unha fenda no centro, unha zona de abundante vulcanismo por onde se emite magma continuamente desde o manto a través de fisuras do fondo do océano, formándose novas porcións de litosfera oceánica e provocando a expansión do piso oceánico, marcando o límite entre dúas placas tectónicas, no que ambas as placas se separan.