Saltar ao contido

degradación

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ðe.ɣɾa.ða.ˈθjoŋ/ ou /ðe.ɣɾa.ða.ˈsjoŋ/ (AFI)

Substantivo feminino

degradación
(sg: degradación; pl: degradacións)

  1. Acción e efecto de degradar ou degradarse.
  2. (Arte) En pintura, diminución das figuras dun cadro segundo as leis da perspectiva.
O pastoreo excesivo do gando produce a degradación do solo
  1. (Ecoloxía) Substitución dunha comunidade vexetal por outra máis afastada do clímax.
  2. (Medicina) Cesamento do desenvolvemento dun órgano.
  3. (Química) Reacción na que un composto se converte noutro máis simple.
  4. (Xeografía) Alteración das formas de relevo da superficie terrestre debida a procesos de erosión.
  5. (Xeoloxía) Evolución dun solo de xeito desfavorábel.

Termos relacionados

degradación ambiental, degradación canónica, degradación da enerxía, degradación da luz, degradación do solo, degradación polimérica, degradación térmica.

Traducións

Castelán

Substantivo feminino

degradación (sg: degradación; pl: degradaciones)

  1. Degradación.