Saltar ao contido

evolución

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «evolución».
A "marcha do progreso" (evolución humana)
  • Pronuncia: /ɛ.βo.lu.ˈθjoŋ/ ou /ɛ.βo.lu.ˈsjoŋ/ (AFI)

Substantivo feminino

evolución (sg: evolución; pl: evolucións)

  1. (Bioloxía) Acción e efecto de evolucionar.
    • Exemplo: A evolución das especies animais e vexetais.

  2. Transformación lenta e progresiva de algo ou de alguén.
    • Exemplo: Polo de agora non hai evolución no estado do doente.

  3. (Exército) Movemento que realiza un conxunto de soldados ou de barcos de guerra en función dun plan establecido.
    • Exemplo: A inesperada evolución das tropas na fronteira provocou o inicio do conflito.

Termos relacionados

Traducións


Castelán

Substantivo feminino

evolución (sg: evolución; pl: evoluciones)

  1. Evolución.