comunidade
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do latín commūnitās, commūnitātis, derivado de commūnis, "común".
Pronuncia: /komuniˈðaðe/ (AFI)
comunidade (sg: comunidade; pl: comunidades)
- Condición ou calidade do que é común ou compartido por varias persoas.
- Exemplo: Os dous grupos tiñan unha comunidade de intereses.
- Exemplo: Os dous grupos tiñan unha comunidade de intereses.
- Conxunto de persoas unidos por vínculos territoriais, sociais, culturais, políticos, relixiosos ou de interese.
- Exemplo: A asociación traballa polo ben da comunidade.
- Exemplo: A asociación traballa polo ben da comunidade.
- Grupo de persoas que viven en común ou comparten unha forma de vida, organización ou convivencia.
- Exemplo: A comunidade organizaba colectivamente os traballos da casa.
- Exemplo: A comunidade organizaba colectivamente os traballos da casa.
- (Relixión) Conxunto de persoas dunha orde ou institución relixiosa que viven baixo unha mesma regra ou nun mesmo establecemento.
- Exemplo: A superiora da comunidade recibiu as visitas pola mañá.
- Exemplo: A superiora da comunidade recibiu as visitas pola mañá.
- Totalidade ou conxunto dos membros dun país, pobo, territorio ou colectivo.
- Exemplo: A comunidade galega no exterior mantén numerosas asociacións culturais.
- Exemplo: A comunidade galega no exterior mantén numerosas asociacións culturais.
- (Ecoloxía) Conxunto de organismos de especies diferentes que habitan nun mesmo medio e se relacionan entre si.
- Exemplo: A comunidade vexetal mudou despois do incendio.
- Exemplo: A comunidade vexetal mudou despois do incendio.
- (Informática) Conxunto de usuarios que participan nunha rede, plataforma ou espazo dixital compartido.
- Exemplo: A comunidade do foro elaborou unha guía para os novos usuarios.
- Exemplo: A comunidade do foro elaborou unha guía para os novos usuarios.
Sinónimos
Termos relacionados
- común
- comunal
- comunitario
- comuna
- colectivo
- colectividade
- grupo social
- veciñanza
- vida en común
- ben común
- comunidade autónoma
- comunidade científica
- comunidade de bens
- comunidade de montes
- comunidade de propietarios
- comunidade de regantes
- comunidade educativa
- comunidade internacional
- comunidade lingüística
- comunidade terapéutica
- xestión comunitaria
Traducións
- Alemán: Gemeinschaft (de), Gemeinde (de)
- Castelán: comunidad (es)
- Catalán: comunitat (ca)
- Chinés: 共同体 (zh), 社区 (zh)
- Esloveno: skupnost (sl)
- Francés: communauté (fr)
- Inglés: community (en)
- Italiano: comunità (it)
- Portugués: comunidade (pt)
- Ruso: сообщество (ru), община (ru)
Referencias
- Definicións no Dicionario da Real Academia Galega para comunidade.
- «comunidade» no DIGALEGO, Ir Indo.
