definición

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Saltar á navegación Saltar á procura

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «definición».
Unha definición indica o significado dunha palabra mediante outras palabras

definición (sg: definición; pl: definicións)


Substantivo feminino

  1. Acción e efecto de definir ou definirse.
    • Exemplo: No acordo entre os países incluíase unha nova definición das fronteiras. Contribuíu á definición da arte moderna. Os militantes aprobaron unha nova definición ideolóxica do partido.
  2. Palabra ou conxunto de palabras utilizadas para definir algo.
    • Exemplo: Ás veces nun dicionario pódense dar diferentes definicións dun mesmo termo.
  3. Proposición que expón con claridade e exactitude os caracteres xenéricos e diferenciais de algo material ou inmaterial.
    • Exemplo: No artigo expresábase claramente a definición da nova especie.
  4. Declaración de cada un dos vocábulos, locucións e frases que contén un dicionario.
    • Exemplo: No dicionario expresábase con claridade todas as deficicións.
  5. Determinación dunha dúbida, preito ou contenda, pola autoridade lexítima.
    • Exemplo: As definicións do Concilio.
  6. Fixar con claridade e precisión o significado dunha palabra ou a natureza dunha persoa ou cousa.
    • Exemplo: A enciclopedia de 20 tomos daba cumpridas definicións de máis de 200 000 termos.
  7. Capacidade que ten un instrumento óptico, unha película fotográfica ou unha pantalla de televisión de reproducir imaxes con nitidez.
    • Exemplo: Televisor de alta definición. Este aparato ten pouca definición.
  8. (Óptica) Capacidade dun dispositivo como unha pantalla, unha impresora, un escáner ou unha cámara para producir ou recoller con maior ou menor nitidez unha imaxe.
    • Exemplo: Unha pantalla de alta definición.
  9. (Óptica) Nitidez dunha imaxe observada mediante instrumentos ópticos, cinematográficos, fotográficos ou televisivos.
    • Exemplo: Una fotografía con moita definición. Un televisor de alta definición.

Observacións

Traducións

Véxase tamén

Castelán

Substantivo feminino

definición (sg: definición; pl: definiciones)

  1. Definición.