barbela
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /baɾˈβɛla̝/ (AFI)
barbela
singular | plural |
barbela | barbelas |
- (Anatomía) Parte da cara humana entre a boca e o pescozo.
- (Anatomía) Prego de pel que percorre a parte inferior do pescozo de bois e vacas.
- (Carro) Correa de coiro, pequena e con asas, que pasa por debaixo do pescozo da vaca ou do boi para aseguralos ás cangallas do xugo.
- (Botánica) Estilos das flores femininas que, agrupadas en espiga, forman a mazaroca do millo, en forma de peluxe dourada.
- Por extensión, parte inferior da cabeza dalgúns peixes, cando é carnosa e avultada.