consoante

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Galego

Wikipedia-logo-v2.svg
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «consoante».
  • Twemoji12 1f5e3.svg Pronuncia: /konsoˈante̝/ (AFI)

Open book 01.svg Substantivo feminino

consoante (sg: consoante; pl: consoantes)

  1. (Fonética) Cada un dos sons que se producen ao liberar unha persoa aire obstaculizando o seu paso polos órganos de articulación.
  2. Letra que serve para representar unha ou máis consoantes (sons).

Open book 01.svg Preposición

consoante

  1. De acordo con [algo ou alguén].
  2. Xusto despois de [ocorrer algo].