columna

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «columna».
  • Pronuncia: /koˈlumna̝/, /koˈluŋna̝/ (AFI)

Substantivo feminino

columna (sg: columna; pl: columnas)

Columnas da Sala Capitular do Mosteiro de Oseira
Columna vertebral humana
  1. (Arquitectura) Elemento arquitectónico de sostén, vertical, alargado e, normalmente, de sección circular, destinado a recibir as cargas verticais dunha obra de arquitectura. Por veces é un elemento meramente decorativo.
  2. (Anatomía) Conxunto de vértebras colocadas en fileira, que xogan entre si e que forman o eixo do esqueleto dos animais vertebrados. Está composta por 7 vértebras cervicais, 12 dorsais, 5 lumbares e o conxunto sacro-cóccix.
  3. (Exército) Un modo de formación de unidades militares que marchan unha tras outra, ordenadamente.
    • Exemplo: Non poderemos vencer, dixo cando viu avanzar as columnas do exército inimigo.

  4. Cada unha das bandas verticais nas que se dispón un texto escrito nun libro ou xornal.
    • Exemplo: Deron a noticia a toda páxina, a cinco columnas.

  5. Sección dun xornal que publica de forma fixa un colaborador.
    • Exemplo: Non se entende que lle permita dicir o que di na súa columna.

  6. Figurado Forma vertical coa que soben algúns fluídos.
    • Exemplo: Unha columna de negro fume ocultaba o sol.

Locución substantiva

Traducións

Castelán

Substantivo feminino

columna (sg: columna; pl: columnas)

  1. (Anatomía) Columna.
  2. (Arquitectura) Columna.