espiña

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Espiña de peixe
  • Pronuncia: /esˈpiɲa̝/ (AFI)

Substantivo feminino

espiña (sg: espiña; pl: espiñas)

  1. (Botánica) Puga que posúen algunhas plantas.
    • Exemplo: Esa roseira ten unhas espiñas tremendas.

    • Sinónimos: puga.
  2. Cada unha das pezas óseas, delgadas e agudas, do esqueleto dos peixes óseos (osteíctios), que saen das vértebras, así como as que soportan as aletas.
    • Exemplo: O malo do congro son as espiñas que ten.

  3. Conxunto do esqueleto dos peixes.
    • Exemplo: Ás anchoas hai que sacarlles ben a espiña.

  4. (Anatomía) Espiñazo, columna vertebral.
  5. Gran de graxa na cara e, ás veces, noutras partes do corpo.
  6. (Figurado) Pesar fondo e duradeiro.
    • Exemplo: A morte da filla foi unha espiña toda a súa vida.

    • Sinónimos: mágoa.
  7. (Arquitectura) Plataforma duns dous metros de ancho que dividía a pista dos circos romanos en dúas metades lonxitudinais.
    • Exemplo: Nos circos máis importantes, a espiña estaba decorada con estatuas e obeliscos.

Traducións

Termos relacionados

  • Espiña bífida: malformación das últimas vértebras da columna, que provoca a protrusión da medula.
  • Espiña dorsal
  • Dar [algo ou alguén] mala espiña: intuír que algo ou alguén vai causar problemas, provocar receo. Parece bo tipo, pero a min dame mala espiña
  • Sacarse a espiña: recuperarse dunha perda, normalmente económica.