capitel

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Galego

Wikipedia-logo.png
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «capitel».
Capitel do claustro do convento de San Francisco (Ourense)

Open book 01.png Substantivo masculino

capitel (sg: capitel; pl: capiteis)

  1. (Arquitectura) Elemento arquitectónico que se dispón no extremo superior da columna, piar ou pilastra para transmitir a estas pezas estruturais verticais as cargas que recibe do entaboamento horizontal ou do arco que se apoia nel. Ademais desta misión estrutural cumpre tamén funcións compositivas, pois actúa como peza de transición entre dúas partes construtivas diferentes, e decorativas.
    • Exemplo: Os capiteis románicos adoitan ter unha decoración figurada espectacular.
    • Observacións: Por veces tamén é chamado chapitel, se ben este termo designa máis propiamente o remate en agulla dunha torre ou campanario dunha igrexa.

Traducións