fuste
Aparencia
Galego
fuste (sg: fuste; pl: fustes)
- (Arquitectura) Parte principal da columna, que se atopa entre o capitel e a base.
- (Apicultura) Pau colocado dentro dunha colmea tradicional, cruzado con outros, para que as abellas constrúan os favos.
- Pinzas de pau para coller os ourizos das castañas sen picarse.
- Observacións: Nesta acepción emprégase sempre en plural.
- Exemplo: Esqueceu traer os fustes e tivo que dar volta sen apañar as castañas.
- Sinónimos: colledoira, forquita, forquito, guita, peteladoira, tala.