dórico

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Adxectivo

dórico (ms: dórico; mpl: dóricos; fs: dórica; fpl: dóricas)

  1. Dito dunha persoa, que era dun pobo da antiga Grecia que habitou na Dóride, na maior parte do Peloponeso e noutras rexións mediterráneas.
  2. Relativo ou pertencente á Dóride ou aos dorios.
  3. Relativo ao grupo de dialectos dorios.
    • Exemplo: Léxico dórico

      .
  4. (Arquitectura) Propio da orde dórica.
    • Exemplo: Templo dórico. Columna dórica.

Observacións

Substantivo masculino

dórico (sg: dórico; pl: dóricos)

  1. Grupo de dialectos do grego antigo que falaban os dorios.