cana
Aparencia
Galego
cana1
- Pronuncia: /ˈkana̝/ (AFI)
cana (sg: cana; pl: canas)
- (Botánica) Talo oco e nodoso característico dalgunhas gramíneas e outras plantas morfoloxicamente similares.
- (Botánica) Arundo donax, planta gramínea, de gran altura e grandes flores terminais.
- Dispositivo que asemella a cana das gramíneas.
- Exemplo: Para beber o refresco comprou unha cana de aluminio.
- Exemplo: Para beber o refresco comprou unha cana de aluminio.
- Parte dunha bota alta que cobre parte da perna.
- Exemplo: Mercouna unhas botas de media cana.
- Exemplo: Mercouna unhas botas de media cana.
- (Música) Lingüeta fina de madeira que vibra producindo un son nun instrumento musical. As canas de instrumentos de vento-madeira son feitas de Arundo donax ou de materiais sintéticos; as canas tépedas (como en harmónicas e acordeóns) fanse do metal.
- Exemplo: Teño que conseguir unha cana nova para a frauta.
- Exemplo: Teño que conseguir unha cana nova para a frauta.
- (Alimentación) Medula ósea dos ósos longos dalgúns animais de cortadoría. Por extensión, o propio óso, cortado ó través e contendo a medula.
- Exemplo: Pídelle ó carniceiro un par de ósos de cana para o caldo.
- Exemplo: Pídelle ó carniceiro un par de ósos de cana para o caldo.
- Pau dos foguetes.
- (Alimentación) Doce cilíndrico, que semella unha cana dunha planta.
- Exemplo: Ponme un café con leite grande e dúas canas.
- Exemplo: Ponme un café con leite grande e dúas canas.
- (Arquitectura) Parte principal da columna, que se atopa entre o capitel e a base.
- Exemplo: Fíxate que na cana daquela columna está labrada un cranio de boi. Chámase bucranio.
- Sinónimos: fuste.
- Exemplo: Fíxate que na cana daquela columna está labrada un cranio de boi. Chámase bucranio.
Termos relacionados
Véxase tamén
cana2
- Pronuncia: /ˈkana̝/ (AFI)
cana (sg: cana; pl: canas)