Saltar ao contido

coacción

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

coacción1

  • Pronuncia: /koakˈθjoŋ/ (AFI)

Substantivo feminino

coacción (sg: coacción; pl: coaccións)

  1. Xeito violento de obrigar a alguén realizar ou dicir algo.
  2. (Dereito) Delito de empregar a violencia material ou moral con intención de privar de liberdade a alguén, e obrigar a que faga ou diga o que non quere.
  3. (Dereito) Forza lexítima para impoñer o cumprimento da lei e das obrigas.
  4. (Socioloxía) Poder que un conxunto exerce sobre o seu propio grupo e nos de influencia, para sometelos ás regras do grupo.

Termos relacionados

Traducións

coacción2

  • Pronuncia: /koakˈθjoŋ/ (AFI)

Substantivo feminino

coacción (sg: coacción; pl: coaccións)

  1. (Ecoloxía) Interacción que se dá nun ecosistema entre dous organismos.


Castelán

Substantivo feminino

coacción (sg: coacción; pl: coacciones)

  1. Coacción.